fbpx

A Princesa do Courel (Galego)

14.90

1 disponibles

SKU: 9788496573529 Categorías: , , , Etiquetas: ,

Descripción

A Princesa do Caurel é un conto acumulativo clásico, mais cun desenlace e cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición europea: gato, can, pau, lume, auga…
Con este tipo de contos, os nenos aprenden a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións.A personaxe que lle dá título á obra, vai aparecer nomeada de forma indirecta ao longo de toda a narración. Por exemplo, a unha frase curta «Esta é a pega que roubou o anel da princesa do Caurel», vanse engadindo dun xeito sistemático, outras novas. Desta maneira, o elemento desaparecido convértese no fío condutor da historia, e no que propicia o desenlace feliz.
Tamén con el, péchase o ciclo de maneira circular, e restablécese a orde do principio do conto: «Este é o pastor que atopou o anel e gañou un bico da Princesa do Caurel». Por último, a repetición dos sucesos, facilita a memorización do texto.En moitas versións, a acumulación termina coa representación da morte, de moi variadas formas (coitelo, carniceiro…). Porén, máis similares a esta son as series atopadas noutros contos de fórmula do norte de Europa: cofre, chave, corda, rato, gato, pau, machada, ferreiro…
En todos estes relatos, a rapidez da acción facilita o seguimento da secuencia, e para alén diso, a transición duns acontecementos a outros, prodúcese dun xeito que provoca curiosidade e atrae o interese do receptor. Características todas que contribúen ao desenvolvemento de capacidades, como a comprensión, a imaxinación ou o sentido estético.
Facebooktwitterpinterestlinkedintumblr

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A Princesa do Courel (Galego)”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1
¿Necesitas ayuda?
Hola
¿En qué podemos ayudarte?