fbpx

Descripción

Na casa vivían papá, mamá e un gato enorme.

Os tres eran moi felices, ata o día en que chegou un bebé.

Mamá e papá estaban encantados; pero, cando o gato se achegou a ver o bebé:

Achís! O bebé tíñalle alerxia ao gato?

Achís! O gato tíñalle alerxia ao bebé?.

É normal que mamá e papá enfronten dúbidas, medos e inquietudes cando nace o seu primeiro bebé.

Calquera circunstancia imprevista pode resultar inquietante na nova realidade familiar.

Despois do susto inicial e unha procura desesperada de solucións domésticas,

a complicidade entre o gato e o bebé fai que, entre risas e esbirros, todo volva á ?normalidade?.

Cun texto sinxelo, de estrutura simétrica, este álbum descóbrenos a sensación que podemos experimentar diante dun imprevisto. Permite falar de sentimentos, de resolver situacións para saír adiante, e afonda nas emocións dos nenos desde a empatía e o vínculo que, xa desde bebé, se pode establecer cunha mascota, ensinándonos a responsabilidade que isto conleva.

Apoiándose en imaxes tenras, suxestivas e moi persoais, Laura Tova debuxa un gato divertido, traveso e experto en camuflaxe, contribuíndo desde a imaxe a crear unha historia cálida, optimista e chea de agarimo, que nos ensina a importancia de afrontar as dificultades con humor, adaptándonos a aquilo que

en principio nos desconcerta, e amosándonos a necesidade de adaptarnos para convivir en harmonía.

Facebooktwitterpinterestlinkedintumblr

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Achís! (Gallego)”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1
¿Necesitas ayuda?
Hola
¿En qué podemos ayudarte?