fbpx

O Camiño das Mazás (Edición en Gallego)

14.00

1 disponibles (puede reservarse)

Descripción

Entre as árbores pasa unha nena cunha cesta.

Pedíronlle que recolla as mazás da maceira que está á beira do camiño, á beira da fonte.

Unha nena camiña, soa, entre árbores escuras, pisadas que soan por detrás, asubíos do vento entre pólas que renxen… ata que unha veciña, cantando unha vella canción, e unha comitiva de plumas e patas fan que o camiño se ensanche e alegren o regreso.

Un texto poético, enmarcado nunha atmosfera inquietante, no que a protagonista transita por diversos estados de ánimo para, ademais dun sorriso na cara, volver a casa cun pequeno tesouro.

Estrella Ortiz, narradora oral desde hai máis de 30 anos, e fundadora do Maratón de Contos de Guadalaxara en 1992, moi coñecida polo seu personaxe da Bruxa Rotundifolia, rende aquí tributo absoluto aos seus dous principios creadores: “as palabras son música” e “un mundo mellor empeza cunha bonita historia”.

Mar Azabal achega emoción ao texto dunha forma natural e directa, cunha ampla paleta de cores, entre acuarelas, lapis de cores e algún retoque dixital.

Facebooktwitterpinterestlinkedintumblr

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O Camiño das Mazás (Edición en Gallego)”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de sus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad
1
¿Necesitas ayuda?
Hola
¿En qué podemos ayudarte?