fbpx

O Principiño (Galego)

12.75

Disponible para reserva

SKU: 9788498650341 Categorías: ,

Descripción

Este é un libro fundamental da literatura universal.

Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado.

Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo.

Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión.

O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa.

Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio.

A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria.

Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra.

Facebooktwitterpinterestlinkedintumblr

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O Principiño (Galego)”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1
¿Necesitas ayuda?
Hola
¿En qué podemos ayudarte?